The Sheep Detectives

The Sheep Detectives

Download Galician Subtitle

Release info

The Sheep Detectives 2026 AMZN WEB H264-ETHEL
A Commentary by tedi
Retail AMZN | 1h 54m

Tags

webdl
Published on: 2026-06-24
Downloads: 41
Hearing Impaired: No

Galician subtitle preview

The first 200 lines.

AS OVELLAS DETECTIVES

Querida Rebecca:

Sei que tes moitas preguntas.

Eu tamén as teño.

Despois de todo, a vida é un misterio.

Pero se existe unha resposta para resolver os misterios do universo,

para obter a felicidade,

eu diría que é esta:

as ovellas.

Non, de verdade.

Son as ovellas.

Vale, xa vou.

Na túa última carta preguntáchesme se algunha das miñas ovellas era especial.

Son todas especiais. Por iso todas teñen nome.

Por exemplo:

teño dous alborotadores que se chaman Ronnie e Reggie.

E o orgulloso e digno señor Ritchfield.

Esta é Nube, a máis dondiña.

É un pouco diva.

Zora, a máis curiosa.

Mopple, o máis paciente.

E Ollos de Lá…

É que non se me ocorre nada mellor.

Ben, sei que dixen que todas eran especiais,

pero recoñezo que dúas delas sono aínda máis.

Temos a Sebastian.

É o carneiro máis grande.

Un pouco solitario, coma min.

Antes ou despois, acaba marchando.

Antes ou despois, acaba volvendo.

E, por último, Lily.

A miña ovella máis lista.

Parece que sempre sabe o que estou a pensar

e como me sinto.

Ela é quen me proporciona esa paz que só os pastores coñecen,

unha paz que provén

de coidar das criaturas máis boas da Terra.

Empezo o día coidando da súa saúde.

ALIMENTO PARA OVELLAS

Doulles ben de comer,

acicáloas.

Fago o que podo para que se divirtan.

Cando esperte, sei que quero ser

ese home que esperta xunto a ti.

Asegúrome de darlles a medicina, que sei que lles encanta.

Se puidesen falar…

Tes que tomar a medicina, amigo. Aí vai.

E cando remato coas tarefas e o sol se empeza a poñer,

escollo un libro e léollelo en alto.

Novelas de detectives, de misterio, de policías. Todas as miñas favoritas.

"Sei cando mataron a Rodney Hollingshead,

e sei quen é o asasino."

Gústame crer que seguen a miña historia.

Pero no fondo do meu corazón sei que, aínda que son especiais,

son ovellas.

Non hai máis.

Veña, liscade.

Mañá lereivos o final.

Por que parou aí?

Ía dicir quen era o asasino!

Vaia tortura! Foi a criada, non si?

Pois claro que foi ela.

Non! Foi o xardineiro.

Corta a herba e non a come?

Si, é sospeitoso.

Sodes parvos? Foi o doutor.

Nin de broma. Foi a rariña da tía.

A tía xa foi hai tres historias, xenio.

Como podemos ser irmáns?

Vaia, xa empezamos.

Xa.

Xa están outra vez.

Trabucádesvos todos.

Eu hai xa dous capítulos que o sei.

Foi a criada, verdade?

Non foi a criada.

Foi o sobriño, Bertie Hollingshead.

Non demostrou o detective que as probas que incriminaban a Bertie Hollingshead

as manipulara o verdadeiro asasino?

Xustamente.

Non o vedes?

Para que non o condenasen, manipulou el as probas.

Bertie Hollingshead era o verdadeiro asasino.

Por que fixeches iso?

George contaranos mañá o final. Xa veredes.

Sigo pensando que é a criada.

"Bertie sabíao todo sobre a lei

que impedía condenar unha persoa polo mesmo crime dúas veces.

Entón, para que non o condenasen, manipulou el mesmo as probas.

Bertie Hollingshead era o verdadeiro asasino."

A maioría das miñas ovellas pasan o día comendo

ou pensando en comer.

Pero teño tres años revoltosos cheos de enerxía.

Son criaturas felices e alegres que naceron na primavera.

En realidade, case todos os años nacen na primavera.

Pero eu teño un año que naceu no inverno.

Ei, ola.

- Son Daisy. - Eu Oliver.

- Eu Pickles. - Ti como te chamas?

Non teño nome.

Queres xogar connosco?

Non! Fóra!

Non podedes xogar con ese año de inverno.

Non forma parte deste rabaño.

Por motivos que só as ovellas entenden,

os rabaños rexeitan os años que nacen no inverno.

Tranquilo.

Os años que nacen en inverno son diferentes.

Iso é. Moi ben.

Teño unha pregunta.

Por que George trata ben ese año?

George non é unha ovella.

Ninguén lle contou a verdade sobre os años de inverno.

E unha última cousa. Se aceptas a miña invitación,

que saibas que vivo na aldea de Denbrook.

Nela hai xente ben especial.

Por exemplo…

Bos días, Caleb.

Caleb tamén é pastor.

Bos días, señoritas.

Non che me cae ben.

Ham, o carniceiro.

Non me cae nada ben.

Beth, a dona do hostal.

Non lle caio eu ben.

Podería matalo.

Tim, o policía.

PISTOLA ELÉCTRICA

Parvo de todo.

E o reverendo Hillcoate, que di que é o pastor dos homes.

Temos unha relación complicada.

A lectura de hoxe é a parábola da ovella perdida.

George, hoxe vasnos acompañar?

Todos son benvidos na casa do Señor.

Ata os carniceiros?

Non vos veño acompañar.

Veño saldar unha débeda.

O bo de George.

O bo de George.

Pero deixemos xa a xente.

Quero que coñezas o meu rabaño.

Devecen por verte.

E eu tamén.

Ven axiña.

Con cariño, George.

Nube?

Teño unha pregunta.

Os mexacáns faranme ter as pestanas tan bonitas coma as túas?

Non, non che farán nada nas pestanas.

Pero son estupendos para a lá.

Mira Ollos de Lá.

Só come mexacáns.

Ai, chámanse así? Moi ben.

Gardádelle algúns a Sebastian. Hai días que non vén.

E que? Dende que George o trouxo de sabe Deus onde,

escapa seguido cara á aldea.

Que pase fame.

Igual el non se preocupa por nós, pero nós debemos preocuparnos por el.

Sebastian é parte do rabaño.

Ei, mirade! É Caleb!

Canciños!

Canciños!

Caleb! Aquí!

Ai, encántame como cheira.

Son os xerseis de lá.

Están moi ben tinguidos.

- Podo entrar? - Lisca!

Vou entrar.

É moi nova, bonita e brillante.

Pensas o mesmo ca min?

- Quero darlle un golpe! - Quero darlle un bo golpe!

Reggie! Ronnie!

Xa o falamos. Non damos golpes a non ser que…

A non ser que teñamos un bo motivo.

Iso é.

Caleb veu tres veces este mes.

Só poden estar a falar dunha cousa.

De unir os rabaños.

- Unir os rabaños! - Ovellas novas.

- Campos novos! - Canciños?

Estouno pensando!

Deiche a oportunidade e mentíchesme, Caleb!

Non volvas por aquí.

Vaia, parece que non van unir os rabaños.

Eu xa me emocionara.

E agora estou triste e desgustada.

Quero esquecer o que pasou!

Tes razón. É unha decepción.

Moi ben, rapaces.

Á de tres, imos esquecer que Caleb estivo aquí.

Unha, dúas…

E Mopple? Non pode esquecer nada.

Por que?

Meu pobre.

Naceu cunha terrible enfermidade.

El non pode decidir cando esquecer as cousas coma nós.

Certo.

Mopple, cando o esquezamos, ti non nos recordes o que pasou.

Estades seguros? Non foi tan malo.

Non, pero tampouco foi bo. Para que o imos recordar?

Comments

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left