72 HOURS

72 HOURS

Baixar Legenda em Galician

Informações da versão

72 Hours 2026 NF WEB h264-EDITH
Um comentário de tedi
Retail NF | 1:45:15

Tags

webdl
Publicado em: 2026-07-24
Downloads: 14
Para Deficientes Auditivos: No

Prévia da legenda em Galician

As primeiras 200 linhas.

Aquí está. Declarada a doutora máis sexy

seis anos seguidos por min.

Foi unánime.

Estrañeite onte á noite, parviño.

Eu tamén. Cantas vidas salvaches?

- Só tres. - Tres? E eu non conto?

Sálvasme a vida todos os días. Fasme sentir vivo.

Es un amor.

- Nótase que estas de boas. - Estou. Polo artigo de Adweek.

É boísimo.

Si, mira o meu home.

Esa pose. Que riquiño.

Riquiño non, é unha pose de poder.

Demostro quen manda.

Somos unha parella poderosa, rula.

Por certo, a Clínica Mayo quere que decida xa.

Iso é un paso enorme. Poderías ser xefa de cirurxía.

Seino, mais non o vexo claro.

Ademais, faime ilusión este novo capítulo xuntos.

"A Miami, hostia"?

- Estiven a darlle voltas… - Que ocorre?

- …e estou lista para isto. - Que carallo?

Hai que foderse. Debes estar de broma.

En serio?

Que carallo? Non.

Non é o que esperaba oír despois do que dixen.

Non, rula. É que recibín mensaxes raras

e un pito a facer o helicóptero.

- A iso me refería. - Vaia mañá levas.

Déixote con iso e xa me chamarás despois, vale?

Si, despois falamos. Oe.

Quérote.

- E eu a ti. - Sálvasme.

Apartade!

- Boas, Joe. - Que hai?

- Ola, Joe. - Bo día, Tracy.

Bo traballo coa presentación. Estou moi orgulloso.

- Grazas. - Aí está.

O noso novo director creativo!

Non digas iso, Barry. Non me gafes.

Aínda non é oficial. Non botes xa as campás a voar.

Todos saben que es o favorito do xefe.

Déixao xa, queres? E que raio é iso?

- Gafas intelixentes. - Que?

Da campaña para a empresa de poñibles.

Teñen Internet, e podes escoitar música e gravar.

Estasme a gravar?

Non me mires así. Póñenseche os ollos raros.

Son as Pervertido 7000?

Teñen todo tipo de poñibles. Mira este colar.

Outra cámara?

Unha cámara corporal sexy. Hostia, e se uso iso?

- Nin falar. - Si.

- Non. - Cámara corporal sexy.

Non sei a que público queres chegar. A min non.

- Observa o mundo desde as túas mamilas. - Mira isto.

Esta mañá metéronme nun grupo.

- E iso? - Nin idea.

Rapaces, homes, en 24 horas aterramos en Miami para despedir a Mason Moses,

- alias a pelella de Emily. - "A pelella de Emily"?

Vide con boa actitude. Si, falo contigo, Hunter.

A ninguén lle importa a túa ruptura, cricas do carallo.

Atopei un BNB caralludo

que só podo describir como "dentro do orzamento acordado".

Mimá. Parece unha puta cela.

Xa, ten unha pinta rara, mais é que estamos pelados.

Temos a Mason os próximos tres días

antes de que meta o paxariño na gaiola.

- Clac! - Sabes que? Vounos axudar.

- Que fas? - Boas, rapaces. Son Joe.

Un de vós é parvo e non sabe nin escribir,

por iso estou eu no grupo.

Tranquilos. Eu tamén fun novo e pobre.

Teño algo para vós.

Aí van… 200 pavos.

Invito á primeira rolda.

Mandácheslles cartos?

Mandei.

- Vale. - Isto é xenuíno.

QUEN É? TANTO TEN!

Non paran.

JOE, VEN A MIAMI!

Invitáronme.

- A Miami? - Si, queren que vaia.

Todo listo. Terry quere ver a presentación.

- Tela lista? - Si, claro.

Xa me encargo.

Cada xeración ten un momento que marca quen somos.

Non esaxero.

Vemos os nosos rivais gañar e dicimos: "Agora tócanos a nós, colegas."

Porque estamos na onda

e agora que chegou o noso momento, ímolo petar.

Unlimited Premium Vodka.

A arrasar.

Barry?

A arrasar.

Non aplaudades.

- Non fai falta. - Que me leve o demo.

- Si. - Perdoa, que dixeches?

Dá vergonza allea, Joe.

Saíde todos, vale?

Joe, tes un momento?

As túas últimas tres campañas non conectaron coa xeración Z.

O anuncio de Fanta no que as botellas falan

de cambiar os pronomes por "refrescante" e "delicioso"…

Que carallo foi iso?

- Quería ser inclusivo… - As vendas caeron.

A xunta dixo que se non consegues a Unlimited como cliente,

terán que dar un xiro e talvez traer alguén máis novo

para o posto de director creativo, vale?

Alguén coma Daniel.

- Falas dese Daniel? - Falo.

Xa non pareces entender a cultura xuvenil.

Se queremos que a axencia sobreviva,

non podemos quedar desfasados.

Pois déixame recuperar a campaña de Unlimited.

Dáme unha oportunidade.

Terry, dáme 72 horas.

Déixame intentalo.

Se consegues a campaña de Unlimited, o posto de director creativo é teu.

Pero, se a cagas,

quedas sen traballo.

Non a vou cagar.

Non podo perder o traballo.

Querías montar algo propio.

Talvez sexa este o momento. Eu vou contigo.

Falo moito. Non significa que o vaia facer.

Levo dez anos abríndome camiño na empresa.

Dez anos. Non quero abandonar agora.

Que carallo lle digo a Jen? Acaba de vir vivir comigo.

VAS VIR, JOE?

Como son. Queren convencerme para que vaia.

Non vou ir de festa cuns rapaces de vinte e tantos, grazas.

Contra.

Barry, o grupo da despedida.

Que ten?

E se é a miña oportunidade

de mergullarme como ninguén o fixo antes?

De feito, faríanme a presentación. Da súa boca aos directores executivos.

Seguro que te invitaron ou estante a vacilar?

Nin idea. Tenteemos un pouco o terreo.

- A ver que din. - Tentea o terreo.

Se queredes que vaia, considerareino cunha condición.

Alguén está a escribir.

ERA BROMA, JOE!

Era broma?

Moi ben, e se invito eu a isto?

CASA EN MIAMI - 4,91 9 CUARTOS - 13 CAMAS - 10,5 BAÑOS

HOSTIA, SI!

Viches a miña tintura para o pelo?

Si, está aquí, mais non a necesitas.

Estás guapo con canas.

Cando asoman, hai que frealas.

- Por iso a necesito. Estaba abaixo? - Si.

Está todo por aí ciscado. Non podo.

Por que fas a maleta?

Non quero que te asustes.

- De acordo. - Si?

- Non conseguín o ascenso. - Que?

- A idea non callou. - Que pasou?

- Terry cre que estou maior. - Non!

Síntoo, ceo.

Non pasa nada. Eu non creo que estea maior,

mais el si, sabes?

Paréceme unha loucura, mais é o que hai.

Está ben porque iso dáme tempo para reorganizar as miñas prioridades,

para centrarme e pensar en que me importa como home.

Cando falo de lanzarme, refírome a cambiar.

Non se poden temer os cambios.

Agora mesmo só quero tomar mellores decisións para nós.

- Si. - Facer máis por nós.

- Si. - Ser mellor.

Voume a Miami.

Que?

Recordas o grupo daqueles rapaces? Vou ir.

Podo salvar a proposta se vou e os estudo.

Vas ir á despedida dun descoñecido?

Si.

Que parva son.

Merda.

Vale.

Pensaches que era unha pedida de man?

Pensei. O compromiso, asentar…

Veña, ho. Que ten que ver iso con casar?

Estás de xeonllos.

Porque estou a facer a maleta.

Está ben, espera.

Contra.

Rula, creo que non entendes o serio que é isto,

así que déixame explicarcho.

Podo perder o meu traballo.

Todo o que soñaba para nós derrúbase.

Síntoo, mais o último no que penso agora é en casar.

Perdoa?

Que dixeches? Que significa iso?

Somos uns nenos. Somos novos. Por que…?

Non somos uns nenos.

Que está a acontecer?

Que queres que faga?

Que espere a que madures?

Comentários

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left