The Wild Season

The Wild Season (A estación violenta)

Baixar Legenda em Spanish

Informações da versão

A estación violenta (2017)
A Estacion Violenta 2017 WEB-DL 1080p x264 AAC2 0-CHiLL
Um comentário de Barefoot
Language is Galician but there's no checkbox for that!

Tags

webdl
Publicado em: 2026-05-18
Downloads: 15
Para Deficientes Auditivos: No
FPS: 25

Prévia da legenda em Spanish

As primeiras 158 linhas.

Aquí tes. Ata outra.

Manuel!

O meu Manuel.

Que alegría.

Entón París? Si, de aquí para alá.

Ultimamente movémonos bastante.

Sobre todo David, de xira co grupo.

O deste regreso é temporal.

Canto tempo vai dende a festa na praia?

Seis anos? Oito.

Se cadra foi mellor así, non?

Estamos quedando nunha pensión.

A pensión é temporal. É moi cutre.

A miña idea é alugar algo preto da praia.

E ti que?

Segues nese piso enorme con moquetas grises?

Non, agora vivo aquí preto.

Pois imos. Teño ganas de coñecer o teu piso novo.

Estou farta de andar por aí como unha turista.

Desculpade a desorde.

Entón...

Hai tempo que non ves a estes?

Non sei nada de ninguén dende hai tres ou catro anos.

Escoitei algunha cousa de Miguel, case nada.

Daniela chamou para contarnos o de Carlos e Marta.

Saber algo así por teléfono non me gustou unha puta merda.

E quen volo ía a contar? Desaparecestes.

Chorei durante días como unha vella.

David non. Cabreouse...

Vas empezar outra vez?

Está enfadado comigo. Non quería que volvésemos.

Coño!

Canto tempo...

Sabes algo de Dante?

Seguro que nin o recoñeceriades.

Será un vello ionki, nada máis.

Veña, imos.

Ti tes que descansar, e Manuel, ordenar todo isto.

Segues escribindo?

Escribo para un xornal e colaboro na radio.

Entón segues escribindo.

E ti? Ti escribes?

Non teño tempo para centrarme niso.

Estás quedando nos ósos.

Estaremos aquí todo o verán. Chámanos.

Si, podemos vernos outro día. Se cadra non fai calor.

Manuel!

Estou parva.

Esquecemos darche o teléfono. Déixame o teu e apúntocho.

Téñoche que contar algo.

David fai como se non pasase nada, pero...

Iso non fai que non exista.

Tes un sorriso moi triste, Manuel.

Ti tamén, Claudia. Tes un sorriso triste.

Volvemos porque vou morrer en tres, catro meses.

E necesitaba respirar isto outra vez

Ti tamén?

"Ti tamén?" Claudia!

Claudia!

Chámame.

Boas tardes. Fálavos Antía Arias.

Arrincamos, como cada xoves, a sección de escritura creativa.

Hoxe temos moitos relatos para ler dos oíntes.

Recórdovos que o tema desta semana,

seleccionado por vós para inspirar estes relatos,

foi o coche.

Imos escoitar a proposta do profesional.

Manuel, boas tardes.

Boas tardes.

Manuel é xornalista e escritor, e vai editar o seu libro de relatos.

Encárgase de seleccionar os relatos que leremos no programa.

E cada semana, inspirado polos vosos temas,

tráenos un relato propio. O de hoxe, "A liña no deserto".

Botouse atrás o editor?

"Colles o coche, conduces cara ao sol.

Baixas o cristal e o vento esperta a túa pel.

Na radio, os Crusaders cantan Street Life.

Diante, só dúas liñas:

o horizonte, separando o azul do amarelo, e o asfalto.

O punto onde se cruzan é o teu destino.

Tes a túa roupa, as botas de coiro,

unhas chaves, sete euros en moedas

e a foto dunha rapaza que nunca coñeciches.

O sol ofrece unha nova cor, a que buscaches sempre,

a que non atopabas na túa vida de educación e cervexas,

de conversación e cariño. Necesitabas algo máis, non mellor.

Nada seguro, pero distinto: esa cor.

Chegarás onde o asfalto desaparece na area.

Pode que non sobrevivas, pero para nacer, debes arriscar.

Haberá xente que chore a túa marcha

ata que deixen de facelo porque xa non lles pertences.

Se decides vivir, escollerás o teu n camiño cara ao sol ou a súa sombra.

Coñeceraste cada día, esquecendo o eu do día anterior,

vivindo no segundo presente. Serás a liña no deserto.

É o que escolliches, pero aínda non o sabes.

Así que sobes a música e aceleras."

Non sei de que me falas. David e Claudia.

Volveron? Tamén escoitei ese rumor.

Entón non os viches.

Por que? Ti que sabes?

Nada, nada. Curiosidade. Hai moito que non nos vemos.

É mellor así.

Ten coidado con ese rancor.

Dígocho desde a experiencia.

- Dante! - Vou!

Imos falar?

Ou prefires seguir só mirándome?

Teño unha gran historia que contar.

Chea de drama, como a ti che gusta.

Xa o sei todo sobre ti.

Es a miña orfa preferida.

Que che pasa, Manuel?

Ultimamente os relatos, os artigos...

Non sei, todo é máis cínico que de costume.

Home, sei que a situación na radio é precaria

e no xornal non é moi diferente,

pero o programa funciona e ten oíntes.

O programa funciona grazas a ti.

A sección de escritura creativa...

Grazas, pero non dá para máis.

Polo menos escribes. Xa.

A min gústame.

Queres subir? Subir o que?

Podo ofrecerche unha copa.

Non serviría de moito. Xa... Que parva.

Non digas iso. Non é por ti, é que eu non...

Ai...

Non pasa nada.

Ai, cona.

Ciao. Ciao.

Podías chamar á porta.

Canseime de esperar.

Crin que non querías abrirme.

Mentíchesme. Pareces miña nai.

Crin que xa tiñamos algo máis que confianza.

Tes drogas, ese é o motivo da nosa relación.

Quero volver vela. Pois búscaa.

É que non sei como atopala.

Que pasa, eh?

Non queres deixarme ser feliz.

Ti nunca vas ser feliz.

Está a morrer.

Coma todos.

Non vas ter que afrontalo.

Podes seguir coa túa vida de fantasma.

Non te quero volver a ver.

Arranxa isto.

Non vaia ser que entre alguén.

Eh, espile.

Como entraches? Deberías amañar a porta.

Levo dous días chamándote.

Non sei onde teño o móbil.

Xa...

Tes chamadas do xornal e da radio.

Andas buscando que te despidan?

Veña, vístete.

Para que?

Mmmm... É perfecta, case demasiado.

Comentários

No comments yet. Be the first to leave one.

Keep it about this subtitle — sync, quality, typos.500 characters left